FoodWaStop abordará seis desafíos a través das actividades de seis Grupos de Traballo (WGs, en inglés Working Groups) interconectados, dando resposta ás seguintes preguntas:
Desafío 1: Que pasos de transición cómpre dar para traballar xuntos dun xeito eficiente e coherente para aumentar a concienciación sobre a redución das perdas e o desperdicio de alimentos (PDA)?
Contribución a unha estratexia con base científica para reducir a PDA na UE e a nivel global, definindo un modelo que se poida utilizar nos Países Inclusivos na Ciencia e na Tecnoloxía (ITC), nos Países Mediterráneos non pertencentes á UE e noutros Países non COST.
Desafío 2: Como pode a empresa beneficiarse do intercambio de boas prácticas?
Creación dunha Rede en toda Europa, cun grupo multidisciplinar de expertos de países COST e non COST, implicando a investigadores e a empresas para acelerar a súa implementación no ámbito da seguridade alimentaria sostible.
Desafío 3: Como pode a ciencia cidadá contribuír a cuantificar a PDA?
Creación dunha base de datos robusta que recompilará a información dispoñible para cuantificar a PDA. Esta base de datos tamén destacará as principais debilidades na información sobre a PDA. Esta Rede será beneficiosa para todas as partes interesadas, comezando polos responsables políticos e incluíndo a todos os operadores da cadea agroalimentaria.
Desafío 4: Como redeseñar a cadea de subministración de alimentos upstream cara á sostibilidade e aforro de recursos?
Mellora e harmonización dos sistemas de seguimento (monitoraxe) da PDA a través da cadea de subministración.
Desafío 5: Que papel clave poden desempeñar as solucións intelixentes a todos os niveis para reducir a PDA?
Integración dos principais actores da PDA, na que se incluirán Países Mediterráneos e expertos de países COST e non COST para establecer solucións intelixentes.
Desafío 6: Como pode a rede mellorar o coñecemento e as habilidades para transferir os resultados da investigación ás partes interesadas relevantes, ás pemes (SMEs), aos agricultores e levalos á práctica a nivel industrial?
Desenvolvemento dun inventario de tecnoloxías eficaces para previr, xestionar, cuantificar e valorizar a PDA, baseado na experiencia e o coñecemento recollido na Rede.